1 caldeira
(
-
s
f
Recipiente de metal con asas, grande e de forma redonda, empregado para quentar líquidos ou cociñar alimentos.
Ex: Estreou a caldeira nova para cocer o polbo.
Confrontacións: caldeiro. -
s
f
[TECNOL]
Recipiente ou sistema de tubos, empregados para quentar de maneira continua auga, ou outro fluído, por medio do lume. Segundo o combustible, as caldeiras poden ser de gas, de combustible líquido, xeralmente de aceites pesados, ou de combustible sólido, principalmente carbón. Nas de carbón, o lume faise nun fogón, e nas de gas e de aceites pesados, a mestura inflamable, con aire, producida nun queimador, condúcese a unha cámara de combustión. A chama de ambos os dous actúa directamente sobre a base do recipiente que contén o líquido que se quere quentar; no percorrido dos gases cara á cheminea búscase o contacto cos tubos por onde circula o líquido ou o vapor. Nas caldeiras modernas de combustible líquido ou gasoso, ou de carbón en po, o fluído que se pretende quentar pasa por un feixe de tubos paralelos e horizontais envoltos polos fumes quentes da combustión (caldeira de tubos de fume), ou circula por un serpentín sobre o que se proxecta a chama do queimador (caldeira de tubos de lume), ou ben por unha grella de tubos de pequeno diámetro quentados pola radiación directa do quentador (caldeira de tubos de auga ou multitubular). As caldeiras de auga quente teñen como aplicación principal a calefacción doméstica, onde a auga quenta os radiadores. Nas de vapor de auga, o líquido quéntase a máis de 100°C e convértese en vapor a unha presión superior á atmosférica. Nas caldeiras de vapor industriais, a miúdo chamadas xeradores de vapor, a auga circula a presión polo serpentín e transfórmase en vapor saturado, que se conduce a un requentador onde se quenta máis aló do punto crítico, co fin de aumentar o traballo útil na turbina ou na máquina de pistóns. Os gases antes de saír pola cheminea permiten, por medio dun economizador, quentar a auga que abastece a caldeira, o que produce unha mellora do rendemento térmico. As de líquidos especiais de alta temperatura de ebulición só se empregan para transporte de calor. A potencia das caldeiras mídese en kJ/hora ou en termias; as máis pequenas, a miúdo de auga e empregadas para calefacción doméstica, son duns 2·10 4 kJ/hora e as máis grandes, de vapor de auga, chegan ata 1,3·10 9 kJ/hora. A evacuación do fume da combustión pode ser mediante tiro natural ou ben forzando a saída con aparellos adecuados. O fluído quentado na caldeira, despois de ceder a calor nos puntos de utilización, volve á caldeira onde se quenta novamente, co que se establece un circuíto pechado; nalgún caso, nas caldeiras de vapor as augas condensadas non se recuperan, polo que é preciso alimentar a caldeira con auga nova. Orixinariamente as caldeiras, que eran case sempre de carbón, utilizáronse para a propulsión dos barcos e dos trens; tamén para a produción de enerxía mecánica nas industrias, polo que constituíron un elemento esencial da revolución industrial ao facer posible a rapidez de transporte e a concentración das industrias nas cidades, independizándoas da fonte de enerxía tradicional, os saltos de auga nos ríos. Posteriormente a caldeira foi un dos elementos básicos na produción de electricidade nas centrais térmicas. Paralelamente se empregaron tamén para quentar ambientes e como elemento calefactor en moitas industrias, como a téxtil, a química, etc.
-
s
f
Parte inferior máis voluminosa do alambique no que se introduce o bagazo para obter a augardente por destilación.
-
s
f
Buraco circular que se abre ao pé das árbores para recoller a auga coa que se regan.
-
s
f
[XEOG]
Cráter de explosión de orixe volcánica, xeralmente cun diámetro de grandes dimensións, de forma máis ou menos elíptica ou circular, e con paredes abruptas e fondos case planos, como, por exemplo, a caldeira do volcán xaponés Aso-San con 17x25 Km.