caldeiro

caldeiro

(< lat caldarĭu)

  1. s m

    Recipiente con aro, de forma troncocónica e máis estreito no fondo que na boca, feito de diferentes materiais como plástico ou metal e empregado especialmente para conter ou transportar líquidos.

    Ex: Foi á fonte buscar un caldeiro de auga. O caldeiro do lixo xa está cheo.

    Confrontacións: balde.
  2. s m
    1. Recipiente metálico cun aro de lado a lado, e máis pequeno ca a caldeira, onde se quenta ou ferve a comida do gando.

      Ex: Xa ferve o caldeiro que puxeches ó lume.

    2. Pequena vasilla metálica de base semiesférica, dotada dunha asa suxeita na boca, que se utiliza para cociñar alimentos, en especial ao aire libre. Está na orixe das caldeiradas e na preparación típica galega de carne ao caldeiro, cocida e condimentada con aceite e pemento.

  3. s m

    Recipiente de metal con buratos no fondo, empregado para asar as castañas.

    Sinónimos: cazo.

Frases feitas

  • Chover a caldeiros/ós caldeiros. Chover moi intensamente.