Caldeiron

Caldeiron

Xograr de finais do s XII, de orixe probablemente galega ou aragonesa. Consérvanse da súa autoría dúas cantigas transmitidas polos dous apógrafos italianos da lírica galego-portuguesa: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) e o Cancioneiro da Vatiacana (V) e polo descriptus deste último. A primeira delas é unha cantiga de maldicir que V atribúe erroneamente a Pero Viviaez, onde se ridiculiza a muller fea, e a outra é unha sátira de costumes, con provenzalismos e expresións típicas das cantigas de amor, onde se burla da covardía duns cabaleiros cataláns e aragoneses que abandonan o servizo de armas que lles deben prestar ás damas.