caldeirón
(< 1 caldeira)
-
s
m
[MÚS]
Signo formado por un semicírculo cun punto no medio [U], que se coloca baixo ou sobre a figura dunha nota ou dunha pausa que debe ser executada libremente, sen cinguirse ao seu valor estricto; en xeral, prolonga a duración. Situado enriba dunha barra de compás, indica un respiro entre os dous compases separados pola barra.
-
s
m
[GRÁF]
Signo [¶] que indicaba, nos manuscritos medievais e nos primeiros tempos da imprenta, o comezo dos parágrafos.
-
-
s
m
[ANIMAL]
Cetáceo do xénero Globicephala da familia dos delfínidos de fronte avultada, de cor negra, agás unha única mancha branca na gorxa, e aletas longas e estreitas. Viven en grupos de varios centos de animais ou con outros cetáceos e aliméntanse principalmente de cefalópodos que capturan de xeito cooperativo. Viven uns 50 anos e poden descansar de xeito vertical na superficie da auga.
-
caldeirón común/ caldeirón de aleta longa
[ANIMAL]
[Globicephala melas, Fam dos delfínidos]
-
caldeirón tropical/caldeirón de aleta curta
[ANIMAL]
[Globicephala macrorhynchus, Fam dos delfínidos]
-
s
m
[ANIMAL]