caldeireiro -ra
caldeireiro -ra
(< 1 caldeira)
s
Persoa que fai, arranxa ou vende caldeiras, caldeiros, ou outros obxectos de caldeirería. Nas grandes cidades estaban frecuentemente unidos co gremio dos ferreiros, mentres que nas vilas e aldeas formaban un único corpo con outros oficios do ferro, agrupados na confraría de santo Eloi. Decaeron completamente a partir do s XVIII. Na tradición oral recóllense ditos como: “O caldeireiro, de ferro fai diñeiro”.