Caldeira

Caldeira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega oriúnda de Portugal, do que tamén existe a forma Caldera. Estendeuse a Castela, Andalucía e Extremadura. Unha rama pasou a Chile. As súas armas levan, en campo de puro, unha caldeira de sable. Algúns ostentan, en campo de sinople, dúas caldeiras de ouro, postas en pao; bordo de prata con oito caldeiras de sable. Os de Castela traen, en campo de ouro, dúas caldeiras de sable postas en pao; bordo axadrezado de azul e prata en dúas ordes. Algúns de Portugal empregan, en campo de prata, tres estrelas de azul postas en situación de banda, e outros, en campo de azul, unha banda de prata cargada de tres caldeiras de sable e acompañada de dúas flores de lis de ouro, unha no alto e a outra no baixo. Os de Chile levan, en campo de prata, dúas caldeiras de sable, faixadas de ouro, unha sobre a outra; bordo de azul con oito aspas de ouro.