califórido -da

califórido -da

(< lat científico Calliphora)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos califóridos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Mosca da familia dos califóridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de dípteros ciclorrafos de ata 16 mm de lonxitude, caracterizados pola presencia de cerdas hiponeurais, pezas bucais ben desenvolvidas, segundo artello antenal cun suco, escamas torácicas ben desenvolvidas que cobren os halterios e extremo das patas con dúas almofadiñas. Os adultos son principalmente zugadores do néctar das plantas, polo que se constitúen en importantes polinizadores; as larvas desenvólvense polo xeral en materia orgánica en descomposición. Os xéneros máis importantes son: Calliphora, moscas azuis; Lucilia, moscas verdes; Pollenia, moscas parasitas das miñocas; e Sorcophaga, vareixas.

Palabras veciñas

califa | califal | califato | califórido -da | california | California | California