Calverley, Hugh
Calverley, Hugh
Condottiere inglés. Foi un dos tres xefes das Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin que, en 1366, se puxeron ao servizo do Rei Pedro III de Aragón e de Enrique de Trastámara para loitar contra Pedro I o Cruel. Uniuse, sen embargo, ao Príncipe Negro cando este entrou na contenda en favor de Pedro I. Foi un dos máis destacados capitáns da Guerra dos Cen Anos.