Camelia

Camelia
[ONOM]

Prenome feminino que ten a súa orixe na flor chamada ‘camelia’, nome co que foi bautizada por Linneo en honor do botánico moravo e xesuíta misioneiro en Filipinas, G. J. Kamel (XVIII), co nome latinizado en Camellius. Polo tanto é un antopersónimo, nome de persoa baseado no nome dunha flor, ao igual que Azucena, Dalia, Hortensia, Margarida, Rosa ou Violeta, entre outros.

Palabras veciñas

camela | cameleiro -ra | camelia | Camelia | cameliáceo -a | camélido -da | camelina