camelina
camelina
Nome científico:
[Camelinamicrocarpa, Fam das brasicáceas]
s
f
[PLANTA]
Herba anual, de talo pouco ou nada ramificado, de ata 80 cm de altura, con follas lanceoladas e flores amarelas. Os froitos, agrupados en acios densos, conteñen sementes oleaxinosas. En Galicia aparecen en camiños e cultivos. En Europa central cultívase a especie C. sativa para a extracción do aceite das sementes, empregado para a elaboración de xabóns.