Camilo José Cela, Premio de Narrativa

Camilo José Cela, Premio de Narrativa

Concurso literario convocado dende 1989 polo concello de Padrón. A entrega do galardón realízase o 19 de outubro, día en que lle foi concedido a Camilo José Cela o Premio Nobel de Literatura. Entre as obras galardoadas están Caladamente (1990), de Manuel Ribeiro Loureiro; O barco de seixo (1991), de Carlos Arias Iglesias; Valquiria (1993), de Antonio Riveiro Coello; La guerra de los escribas (1994), de Manuel García Méndez; Estromil (1995), de Xoán Piñeiro Cochón; Sueños (1996), de Luis M. García Méndez; Dos latidos (1997), de Carmen Payá Ferrando; Sñik (1998), de Antonio M. Martínez Flores; e Hacedor de patria (1999), de Antonio L. Vera Velasco.

Palabras veciñas

camilo -la | Camilo de Lelis, san | Camilo José Cela, Fundación | Camilo José Cela, Premio de Narrativa | Camilo, Marco Furio | Camilo/Camila | Camiña HIST/HERÁLD