Camiña HIST/HERÁLD

Camiña HIST/HERÁLD

Liñaxe que leva como armas: en campo de prata, unha árbore de sinople e un xabaril perseguido por dous lebreiros, ao pe do tronco. Algunha variante trae, en campo de azul, un brazo denudo de carnación, sostendo na man un bordón de peregrino de ouro; na parte destra do escudo, un monte da súa cor atravesado por un camiño, e bordo de prata coa seguinte lenda: “Vias tuas domine demostra mihi”, en letras de sable.