canafístula
canafístula
(< 1 cana +lat fistula ‘tubo’)
s
f
[PLANTA]
Herbácea perenne e tuberculadas de ata 1,75 m de altura, de talos estriados e follas tripinnadas, con flores de pétalos amarelos dispostas en umbelas grandes e esferoidais de ata 25 raios. Ten un froito de ata 15 mm con expansións membranosas. Esténdese por toda a Península Ibérica e polo sur de Francia. Resulta tóxica para o gando e provoca fotosensibilización nas ovellas.