canafrecha
canafrecha
(< lat canna + latferŭla)
s
f
[PLANTA]
Herbácea de talo moi robusto, de ata 6 cm de diámetro e 3 m de altura, con follas ata 4 veces pinnadas, flores amarelas nunha umbela terminal grande de ata 40 raios e froitos de ata 15 mm. Está presente en outeiros secos e pedregais da metade oriental de Galicia e resulta tóxica.