canal
(
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín canale ‘canle’.
-
[ENX]
-
s
m
Obra destinada a conducir, y con diversas finalidades, masas de auga derivadas de ríos, torrentes, lagos naturais e artificiais ou augas subterráneas mediante unha captación adecuada. Poden clasificarse en industriais, de abastecemento de poboacións, de regadío e de drenaxe (ou de saneamento); os dous primeiros tipos levan un caudal constante, mentres que nos de regadío diminúe e nos de drenaxe aumenta. Os principais problemas técnicos que aparecen ao proxectar un canal son: a impermeabilidade, a estabilidade mecánica e os cálculos hidráulicos. O tipo de sección e as obras están condicionadas polo terreo, de modo que un canal pode ser de sección de trapecio, en terreos pouco compactos; rectangular, sobre rocha; revestido ou non, segundo o terreo sexa ou non permeable; aberto ou cuberto para evitar a caída de materiais estraños; e en túnel, en terreos moi accidentados. Para asegurar a súa impermeabilidade, os canais construídos a base de desmontes e terrapléns en terreos permeables adoitan ir recubertos interiormente dunha capa de arxila ou de terras graxas, ás veces mesturada con grava; outras veces, a impermeabilidade obtense mediante un núcleo de arxila, formigón ou pranchas metálicas. No caso dos canais revestidos ou que presentan un corpo resistente de obra de fábrica, colócanse xuntas para evitar gretas provocadas polo asentamento do canal, pola retracción do formigón ou polas dilatacións térmicas. A estabilidade mecánica dun canal pode verse afectada por desprendementos, filtracións e erosións debidas ao rozamento da auga. No tocante aos cálculos hidráulicos, existen numerosas fórmulas para representar o movemento da auga dun canal, pero todas poden reducirse á fórmula de Chezy. É necesario construír vertedoiros para dar saída ao exceso de auga que entra no canal pola crecida do río que o alimenta ou ben para evacuar a auga en caso dun corte no consumo ou dunha obstrución nun punto do canal.
Sinónimos: canle. -
s
m
ía, xeralmente realizada mediante a escavación do terreo, que se abre á navegación grazas a traballos de dragado. O canal de substitución substitúe un tramo dun río tamén navegable. O canal de penetración permite aos barcos acceder a zonas ás que doutra maneira non poderían chegar. O canal de enlace une dous mares ou dous océanos co fin de acurtar as distancias marítimas, e pode ser a nivel, como o canal de Suez, ou con esclusas, como o canal de Panamá.
Sinónimos: canle. -
s
m
Estreitamento artificial feito nun río para facilitar a pesca.
Sinónimos: canle. -
canal internacional
Canal de enlace que une dous puntos de alta mar e que ten un réxime xurídico internacional especial, polo que está aberto á libre navegación como os canais de Suez, Panamá e Kiel.
-
canal de descarga
Canal empregado para devolver ao río ou a outro canal as augas procedentes de vertedoiros ou de comportas de limpeza. Nel admítense velocidades moito maiores que nun canal normal.
-
s
m
-
[XEOG]
-
s
m
Brazo de mar natural ou artificial situado entre dúas illas ou entre unha illa e o continente.
Sinónimos: canle. -
canal de navegación
Interrupción do cinto coralino dun atol, que permite o paso entre o lagoon e o mar aberto.
-
canal submarino
al pouco encaixado e abrupto, lixeiramente sinuoso, que entalla o glacis continental e os abanos submarinos, ou que ocupa a valgada na intersección de dous glacis opostos.
-
s
m
-
s
f
[GAN]
Res morta e aberta á que se lle extraeron as vísceras.
Frases feitas
-
En canal loc adv Aberto de arriba a abaixo. Ex: Despois de matar o porco o carniceiro abriuno en canal. O asasino abriu en canal a súa víctima.