canalla
canalla
(< ital canaglia < lat v*canalĭa ‘conxunto de cans’ < lat cane ‘can’)
-
adx
Aplícase a unha persoa que, sen ter ningún tipo de escrúpulo, actúa con maldade contra alguén.
Ex: Os actos canallas son os que nunca se esquecen.
Sinónimos: ruín, miserable. -
s
Persoa ruín que actúa con maldade.
Ex: Todos os seus familiares portáronse coma canallas ó deixalo abandonado e enfermo.
Sinónimos: ruín, miserable. -
s
f
Xente desprezable e de mala condición.
Ex: Os violadores son unha canalla do máis ruín.
Sinónimos: xentalla. Confrontacións: plebe, populacho, vulgo.