candidiase
candidiase
s
f
[PAT]
Infección producida pola proliferación dos fungos do xénero Candida, especialmente da especie Candida albicans. Segundo a súa localización distínguese entre candidiase mucosa (afta, vulvovaxinite, balano-postite), candidiase cutánea (na rexión anal dos neonatos ou na pel das pregaduras inguinais, axilares, interdixitais, etc, dos adultos), a candidiase esofáxica ou dixestiva, a candidiase urinaria, etc. A sepsia candidiásica representa a invasión sanguínea polos fungos; trátase dun cadro grave que pode dar abscesos á retina ou ao pulmón e que pode afectar tamén ao corazón (endocardite), ao óso (osteomielite), á pel, aos músculos, ao cerebro, ás meninxes (meninxite) e ás articulacións (artrite).