canoa
canoa
(
-
s
f
[MAR]
Embarcación menor, lixeira, normalmente dunha soa peza, de medidas moi variables (xeralmente de eslora inferior a 10 m), de forma alongada e apuntada na proa e na popa, desprovista de temón, de quilla e polo xeral, tamén de vela. Presenta como formas particulares a piragua, coñecida en América, África e Oceanía, e o kaiak das zonas árticas, construído con pel e de casco pechado. O termo canoa aplícase dun xeito especial ás propias embarcacións dos indios de América do Norte. Introduciuse en Europa en 1835 e foi aceptada, xunto co kaiak, como embarcación deportiva de competición nos Xogos Olímpicos de 1936.
-
canoa automóbil
[MAR]
Embarcación propulsada pola forza motriz dun ou de máis motores de combustión con hélice somerxida.