canticum*
canticum*
s
m
[LIT]
Monólogo cantado ou declamado de índole narrativa que, na comedia latina, representaba un histrión, amodo de síntese do tema que se ía tratar, solicitando a curiosidade e o aplauso do público. Constitúe a primeira das tres partes de que constaba a comedia latina. A súa popularidade fixo que acadase entidade propia, separado da obra. Autores como Terencio ou Plauto compuxéronos soltos.