capibara

capibara

(< tupí-guaraní kapi’wara‘comedor de herba’ < kapi ‘herba’ + wara ‘comedor’)

s m [ANIMAL]

Mamífero do xénero Hydrochaeris da familia dos hidrocéridos, de ata 1,3 m de lonxitude. É o roedor meirande dos coñecidos, un exemplar adulto pesa máis de 50 quilos. Presenta un corpo robusto, co rabo moi curto, a pelaxe densa, áspera e curta, de cor gris ou marrón, e as patas longas. Son gregarios e forman grupos de ata vinte exemplares. Cando nadan só asoman o extremo da cabeza e poden mergullarse totalmente en caso de perigo. Teñen un só parto anual de ata cinco crías. A especie H. hydrochaeris distribúese polos bosques de ribeira, dende o río Panamá cara ao norte, e a especie H. isthmius limítase ao Panamá, onde ademais de alimentarse da vexetación acuática aproveita os cultivos próximos. Son facilmente domesticables e cázanse para aproveitar a súa pel e a súa carne.

Palabras veciñas

capialzado -da | capialzar | capialzo | capibara | capiceiro -ra | capicúa | capilar