capicúa

capicúa

(< cat capicua < cat cap icua ‘cabeza e cola’)

  1. adx e s m
    1. Dise do número constituído por varias cifras simétricas e que é igual lido de esquerda a dereita ca de dereita a esquerda.

      Ex: O número 69096 é capicúa.

    2. Aplícase a un billete, boleto, papeleta, etc, que contén un número capicúa.

      Ex: O meu coche ten unha matrícula capicúa 1441. A lotería tocou esta semana nun capicúa: 381831.

  2. adx e s m [LIT]

    anacíclico.

  3. s m [XOGO]

    Modo de gañar, no xogo do dominó, cunha ficha que pode colocarse en calquera dos dous extremos.

Palabras veciñas

capialzo | capibara | capiceiro -ra | capicúa | capilar | capilaridade | capilarímetro