capilar
(
-
adx
-
Relativo ou pertencente aos cabelos.
Ex: O médico recomendoulle unha loción capilar para a súa calvicie.
-
Aplícase a calquera órgano delgado como o cabelo ou que ten aspecto de cabelo.
-
-
[ANAT]
-
adx e s
m
aso sanguíneo situado entre o territorio arterial e o venoso. A circulación sanguínea a través dos capilares asegura a nutrición dos tecidos ao permitir o cambio de substancias entre o sangue circulante e os tecidos periféricos. Os capilares distribúense en forma de rede por case todos os tecidos, e a súa configuración e cantidade varía moito segundo a estrutura e as necesidades circulatorias dos órganos ou dos tecidos. Deste xeito, ten unha gran densidade a rede capilar da substancia gris do sistema nervioso central, da musculatura esquelética, do corazón e do tecido adiposo. O diámetro dos capilares oscila entre 0,007 e 0,14 mm, e as súas paredes están constituídas polo endotelio, o epitelio plano dunha soa capa de células, entre as que se atopan os estomas ou poros endoteliais, e pola membrana basal, constituída por un tecido conectivo elástico que envolve o tubo endotelial. Os pericitos son uns elementos celulares ramificados que se xustapoñen á parede capilar. No fígado e no bazo hai uns capilares especiais, chamados sinusoides, que carecen de endotelio e nos que as células hepáticas ou esplénicas constitúen a parede vascular. A través da parede capilar, o osíxeno e os elementos nutritivos pasan do sangue aos tecidos, e o anhídrido carbónico e os residuos da actividade tisular pasan dos tecidos ao sangue. Nos capilares pulmonares ten lugar a hematose. A parede capilar oponse ao paso dos elementos celulares sanguíneos cara ao tecido intersticial; só a atravesan facilmente os leucocitos. Segundo estea ou non en fase de actividade, o sangue circulará amplamente pola rede capilar ou só o fará por algúns dos vasos capilares, mentres que os restantes permanecerán illados, grazas á contracción dos esfínteres precapilares. Hai anastomoses arteriovenosas que permiten que o sangue eluda a circulación capilar. Os capilares teñen un papel importante na regulación da circulación e da presión sanguínea, pois ao dilatárense ou ao contraérense fan variar notablemente a masa de sangue circulante.
-
capilar linfático
Cada un dos pequenos vasos linfáticos onde se inicia a circulación linfática e se acumula a linfa procedente dos tecidos. Teñen unha forma irregular e as paredes están constituídas por un endotelio que non está recuberto por pericitos, como o dos capilares sanguíneos.
-
adx e s
m
-
[FÍS]
-
adx
Relativo ou pertencente á capilaridade.
-
forza capilar
Forza enxendrada nos fenómenos capilares.
-
tubo capilar
Tubo de diámetro comparable ao dun cabelo.
-
adx