Caprella
Caprella
[ANIMAL]
Xénero de crustáceos mariños da orde dos isópodos, de ata 40 mm, de corpo alongado e delgado, e abdome reducido, que presentan un par de apéndices modificados para a captura de pequenas presas, ao xeito das barbantesas. Nas augas costeiras do Atlántico vive a especie C. linearis, que se camufla entre os hidroideos.