Caracalla, termas de
Caracalla, termas de
Baños públicos construídos polo Emperador Caracalla en Roma entre o 206 e o 217, situados ao SL do Aventino. Unha vía porticada monumental permitía o acceso ao edificio, de planta cadrada con bóvedas de grande altura e moi decorado. Situadas na parte central, as termas tiñan as tres estancias características destes establecementos romanos: o frigidarium, o tepidarium e o caldarium. O conxunto completábase cun parque público, bibliotecas, un estadio, cisterna e salas para masaxes e unción de aceites.