caracará
caracará
(< tupí-guaraní karaka’rá,voz onomatopeica)
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave duns 63 cm de lonxitude, cunha envergadura de máis dun metro e patas longas. O dorso é de cor acastañada con finas listas brancas, o pescozo e a zona ventral brancos, e a parte superior da cabeza, negra, cun característico penacho eréctil. O peteiro é de cor clara, grande e alongado, e as patas son de cor amarela. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, anfibios, insectos e mesmo de preas. Vive no S de EE UU, en América Central e Sudamérica.