carbonización
(
-
s
f
Acción e efecto de carbonizar ou de carbonizarse.
-
s
f
[IND]
Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.
-
[QUÍM]
-
s
f
Operación destinada a reducir a materia orgánica a carbón ou ben a aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado. Realízase por destilación seca, por combustión completa ou, nalgúns casos, polo ataque de reactivos químicos deshidratantes.
-
carbonización da madeira
Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal, por medio do quentamento da mesma sen contacto co aire. A pouco máis de 100°C empezan a producirse descomposicións, que van cambiando de natureza coa temperatura ata que, arredor dos 270°C, as reaccións exotérmicas predominan e permiten chegar á carbonización completa, sen a necesidade dun abastecemento posterior de enerxía. O procedemento máis antigo para carbonizar a madeira é o da carboeira. Non obstante, hai outros métodos como os dos fornos de carbonización continua e a destilación seca da madeira, nos que se aproveitan tamén os gases que se desprenden do proceso.
-
carbonización da hulla
coquización.
-
s
f
-
s
f
[TÉXT]
Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais que poden ter entre as súas fibras. Consiste en somerxer os tecidos nun baño ácido (de ácido sulfúrico ou clorhídrico) que transforma a celulosa dos residuos vexetais en hidrocelulosa. Esta hidrocelulosa convértese en carbón e despois elimínase por batedura. Por último, o tecido sométese a un baño neutralizador de solución de carbonato sódico.
-
s
f
[XEOL]
Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra. A acumulación de restos vexetais efectúase en concas continentais e mariñas. A carbonización prodúcese despois desta fase de sedimentación e caracterízase esencialmente por un enriquecemento en carbono e unha perda de osíxeno. Pódense distinguir dúas etapas: primeira, un estadio de carbonización bioquímica, e segunda, unha de carbonización xeoquímica. Na primeira etapa, un conxunto de reaccións anaeróbicas en augas quietas e en presenza dunha flora bacteriana abundante produce desprendemento de dióxido de carbono nos tecidos vexetais e chega a formar turbeiras. Na segunda etapa, continúa a transformación a través de procesos químicos e metamórficos como a compactación e a litificación, a perda de auga e de compoñentes volátiles, etc. As turbeiras transfórmanse, así, en lignitos, carbóns e antracitas.