Carburos Metálicos, Sociedad Española de

Carburos Metálicos, Sociedad Española de

Sociedade industrial constituída en Madrid en 1897 que iniciou a súa actividade coa produción e venda de carburos de calcio na fábrica de Berga (Catalunya). En 1903 instalou en Brens (Cee) unha fábrica de ferroaliaxe e un laboratorio de investigación. Despois dun proceso de expansión xeográfica (ten delegacións e fábricas por toda España) e industrial, estruturouse ao redor de catro divisións: gases comprimidos (gases do aire, anhídrido carbónico, acetileno, etc), gases licuados (gases do aire, anhídrido carbónico, dióxido de carbono, dióxido de xofre, etc), soldadura ou ferroaliaxes e médica. En 1982, Air Produts adquiriu o 15% do capital de Carburos Metálicos polo que se converteu no principal accionista e trasladou a súa sede central a Barcelona.

Palabras veciñas

carburante | carburar | carburo | Carburos Metálicos, Sociedad Española de | carca | Carcabuey | Carcacía