cargado -da

cargado -da

(< cargar)

  1. p reg

    de cargar.

  2. adx

    Que ten carga.

    Ex: A sentinela tiña o fusil cargado. Vímolo pasar coa carreta ben cargada.

  3. adx [METEOR]
    1. Dise do tempo atmosférico cando vai bochorno.

      Ex: Onte veu un día moi cargado e hoxe xa está a chover.

    2. Aplícase ao ceo cando está moi nubrado.

      Ex: Pola mañá o ceo estaba cargado, pero agora púxose moi bo día.

  4. adx

    Aplícase ao ambiente ou ao aire que presenta falta de ventilación.

    Ex: Vou saír un pouco para fóra, que aquí o aire está moi cargado.

  5. adx

    Que está moi concentrado.

    Ex: Este café está moi pouco cargado.

  6. adx

    Que padece un forte constipado.

    Ex: Erguinme hoxe moi cargada.

  7. adx

    Dise de quen está ebrio.

    Ex: Chegou cargado da taberna e tivo que deitarse.

  8. [HERÁLD]
    1. adx

      Aplícase á peza que contén outra ou outras pezas.

    2. armas cargadas

      Armas ás que se axuntou algunha peza ou figura con motivo dun feito particular.