cargado -da
(< cargar)
-
p reg
de cargar.
-
adx
Que ten carga.
Ex: A sentinela tiña o fusil cargado. Vímolo pasar coa carreta ben cargada.
-
adx
[METEOR]
-
Dise do tempo atmosférico cando vai bochorno.
Ex: Onte veu un día moi cargado e hoxe xa está a chover.
-
Aplícase ao ceo cando está moi nubrado.
Ex: Pola mañá o ceo estaba cargado, pero agora púxose moi bo día.
-
-
adx
Aplícase ao ambiente ou ao aire que presenta falta de ventilación.
Ex: Vou saír un pouco para fóra, que aquí o aire está moi cargado.
-
adx
Que está moi concentrado.
Ex: Este café está moi pouco cargado.
-
adx
Que padece un forte constipado.
Ex: Erguinme hoxe moi cargada.
-
adx
Dise de quen está ebrio.
Ex: Chegou cargado da taberna e tivo que deitarse.
-
[HERÁLD]
-
adx
Aplícase á peza que contén outra ou outras pezas.
-
armas cargadas
Armas ás que se axuntou algunha peza ou figura con motivo dun feito particular.
-
adx