cargador -ra
(< cargar)
-
adx
Que carga.
-
s
-
Persoa que se dedica a cargar mercadorías.
Ex: Traballou como cargador de peixe nos peiraos do Berbés.
-
Persoa que embarca mercadorías en réxime de carga xeral para que sexan conducidas ao punto de destino. Este termo refírese, fundamentalmente, ao transporte terrestre fronte a fretador, que se reserva para o marítimo.
-
-
-
s
m
Instrumento ou instalación que serve para cargar.
-
s
m
[BÉL]
Dispositivo das armas automáticas e semiautomáticas que contén os proxectís que se van metendo sucesivamente na cámara.
-
s
m
[BÉL]
Culler coa que se introducía a pólvora nos canóns de artillería.
-
cargador de baterías
[TECNOL]
Aparello que serve para cargar baterías de acumuladores mediante enerxía eléctrica da rede de corrente alterna. Está formado por un transformador e por un ou máis rectificadores. Adoitan ser automáticos, de xeito que regulan a tensión de saída e limitan a corrente de carga por debaixo do valor máximo permitido.
-
s
m
-
s
m
Soldado que introduce a carga nunha peza de artillería.
-
s
m
[INFORM]
Programa que deixa preparados e a punto para a súa execución un ou máis programas previamente instalados ou engadidos.