Casa do Cabido

Casa do Cabido

Edificio situado na praza de Praterías, en Santiago de Compostela.   Construída por Clemente Fernández Sarela en 1758, trátase dunha fachada-pano de pouco máis de 3 m de fondo que pecha a praza; divídese en tres pisos cunha decoración baseada en pilastras planas e placas con cornixa crebada, que remata nunha balaustrada con pináculos e cun corpo central moi decorado.