Casa do Deán
Casa do Deán
Edificación situada na rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, construída por Clemente Fernández Sarela entre 1747 e 1753 por encargo do cabido compostelán para o mestrescola Diego Juan de Ulloa. Consta dun amplo vestíbulo que funciona como elemento distribuidor das diferentes estancias con dúas alturas; a inferior acolle as dependencias auxiliares da casa, entre elas, as adegas; e na superior sitúanse os apousentos. Na fachada destaca a porta decorada con molduras e pináculos barrocos.