Casa dos Mouros

Casa dos Mouros

Mámoa situada na parroquia de Baíñas, Vimianzo, tamén coñecida como Pedra da Arca. A cámara, de planta poligonal, está formada por seis chantas (fáltalle a central) imbricadas; a tampa, de gran tamaño, ten unhas dimensións aproximadas de 3,80 m no eixe L-O, e un peso aproximado de 12 toneladas. O corredor, orientado cara ao L, consta de catro chantas e dúas lousas que o cobren; a súa dimensión é de 3,70 m no eixe L-O. Na segunda chanta da cámara, á dereita, pódense observar os restos dun gravado en forma de U, de base trapezoidal e pechado nun extremo.