Casals, Editorial
Casals, Editorial
Empresa editorial fundada en 1870 en Barcelona por Ramón Casals Lamarca. Especializada en libros de texto e materiais complementarios para os niveis de infantil, primaria, ESO e bacharelato, publica tamén literatura infantil e xuvenil en lingua galega, castelá, catalana, valenciana e euskera. A ela están asociadas a Editorial Magisterio Español, a Editorial Onda e Combel de Editorial ESIN. En lingua galega e baixo a colección Trolebús publicou, entre outros libros: O pirata da illa de prata, A cidade de Aldara e A princesa e o dragón.