casca
(
-
s
f
-
[BIOL]
Cuberta dura, principalmente protectora, dalgúns seres vivos.
-
[BOT]
Cuberta vexetal máis ou menos ríxida que poden presentar as árbores, as sementes, os froitos ou os fungos.
Ex: Foi ó monte recoller as cascas dos piñeiros. Sacoulles as cascas ás abelás para botarllas á torta. Tirou a casca do plátano no lixo.
-
[ZOOL]
Cuberta animal externa, dura e ríxida, polo xeral de natureza calcaria, como a dos crustáceos e moluscos, ou a dos ovos de moitas especies.
Ex: Rompeu a casca do boi para comelo. Non foi capaz de romper a casca do ovo da avestruz.
-
[BIOL]
-
s
f
Cortiza dalgunhas árbores, como a do piñeiro ou a de carballo, que se utilizan para tinguir ou curtir.
-
s
f
[PESCA]
Conxunto de pezas de rede que forman a veta.
-
casca absidal
[ARQUIT]
Ábsida dunha igrexa.
-
casca maimiña
-
Membrana que recobre a clara do ovo.
-
Pel das castañas.
-