cascabel
(< occit cascavel < lat vcascabu < lat caccăbu ‘ola, pucheiro’)
-
s
m
Instrumento idiófono de percusión indirecta que consiste nunha esfera de diversos materiais baleirada e furada, que leva dentro unha ou varias boliñas e cando se sacode soa.
Ex: Comprou un cascabel para poñerlle á gata.
Sinónimos: arouxo, axóuxere. -
s
m
[ZOOL]
Formación típica que posúen no extremo da cola as serpes pertencentes aos xéneros Crotalus e Sistrurus. Consta dun conxunto de aneis córneos sucesivos en forma de cofia e metidos uns dentro doutros. A musculatura participa tamén na constitución do cascabel: os músculos dorsais e ventrais dos últimos segmentos da cola están modificados e as súas contraccións dan lugar a un movemento vibratorio que afecta a estes aneis, que emiten un son característico máis ou menos forte, semellante ao dun cascabel.