casino
(< ital casino ‘casa decampo’)
-
s
m
-
Asociación cultural, recreativa e deportiva sen ánimo de lucro, similar aos clubs, centros, círculos ou ateneos. A maioría dos casinos fundáronse en Europa ao longo do s XIX seguindo o modelo dos clubs ingleses e normalmente asociados a determinados grupos sociais, profesionais ou políticos. Neles celebrábanse bailes, ciclos de conferencias, exposicións e actividades lúdicas e deportivas. No s XIX creáronse en Galicia os casinos de Lugo, Arzúa, Mugardos, Santiago de Compostela (1843), Vigo (1847), Ferrol (1850), A Coruña (1890) e Noia (1851). A principios do s XX fundáronse os casinos de Redondela e Verín (1900), aos que se sumaron os de Vilalba (1909), Xinzo de Limia (1912), As Pontes de García Rodríguez (1920), Carballo (1924), Vilasobroso (1924), Camariñas (1932), A Guarda (1932), A Rúa (1951) e Carballiño (1964).
-
Local onde se desenvolven actividades de carácter recreativo e cultural, convocadas polas distintas asociacións.
-
-
s
m
Establecemento de luxo, de carácter recreativo, autorizado oficialmente para a práctica de xogos de azar. A denominación xurdiu en Francia a finais do s XIX ao restrinxir o goberno o xogo aos casinos de determinadas estacións balnearias, termais ou climáticas. Pronto acadaron moita sona o Gran Casino de Montecarlo, os de Vichy e Deauville, e tamén se espallaron por Lido (Venecia), Donostia e Viña del Mar (Chile).
Ex: Xogaron toda a noite no casino e gastaron moitos cartos.