Castel Gandolfo

Castel Gandolfo

ila da provincia de Roma, no Lazio, situado á beira do lago Albano, Italia (6.506 h [1991]). Edificada probablemente sobre a antiga Alba Longa, conserva restos romanos como o palacio de Domiciano. No ano 1608 pasou á Santa Sé e converteuse en residencia de verán dos papas. Dende 1929, cos pactos de Letrán, o palacio goza de extraterritorialidade.