Castela a Nova
Castela a Nova
División administrativa española vixente desde o segundo terzo do s XIX ata 1978, que comprendía as provincias de Madrid, Toledo, Ciudad Real, Cuenca e Guadalajara. Drenada polos ríos Tajo e Guadiana, estendíase desde o Sistema Central ata Sierra Morena e desde o Sistema Ibérico ata Extremadura.