Castela, congregación de

Castela, congregación de

Agrupación de mosteiros cistercienses de Castela, Asturias e Galicia, fundada por frei Martín de Vargas (Jerez, 1380), trala autorización do Papa Martiño V na bula Pía supplicum vota (1425). Tiña como obxecto retomar a pureza da orde. En Galicia o primeiro en iniciar a reforma foi o mosteiro de Sobrado, en 1494. Posteriormente, incorporáronse os de Meira, Montederramo, A Franqueira, San Clodio, Armenteira, Oseira, Xunqueira de Espadañedo e Oia.

Palabras veciñas

Castela a Nova | Castela a Vella | Castela e León | Castela, congregación de | Castela, Coroa de | Castela, Reino de | Castela-A Mancha