Castelán

Castelán
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume étnico aplicado a individuos procedentes de Castela. Documéntase no s XII: “Fernandus Rudericis Castellanus” (doc ano 1162 en Manuel Lucas Álvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 187). Unha variante deste apelido é a forma Castelao.