Castromaior, castelo de

Castromaior, castelo de

Fortificación de orixe medieval situada en San Xoán de Castromaior, no concello de Abadín. Relacionada co conde Fadrique, que lla mercou a Xoán Freire de Andrade a comezos do s XV, foi o lugar onde se retirou e finou Isabel de Castro trala execución do seu esposo, o mariscal Pardo de Cela. Os restos deste castelo foron declarados Ben de Interese Cultural en 1994.

Palabras veciñas

Castrojeriz | Castromaior | Castromaior | Castromaior, castelo de | Castromaior, Santa María de | Castromao | Castromao