Catalpa
Catalpa
[PLANTA]
Xénero de árbores de folla caduca da familia das bignoniáceas, que comprende unhas 10 especies propias de América do Norte e de Asia oriental. A especie C. bignonioides presenta follas pilosas, agrupadas en trío con forma de corazón, de ata 50 cm de lonxitude; flores pentámeras, acampanadas, de ata 5 cm de longo, de cor branca con manchas púrpuras dispostas en panículas; e froitos en cápsula alongada e estreita de ata 30 cm de lonxitude. Orixinaria do sur e do leste de Norteamérica, está presente en parques e xardíns de Galicia como ornamental. Os indios empregaban os froitos como antiespasmódicos e sedantes, e a casca como antihistamínica.