catolicismo
(< católico)
-
s
m
[RELIX]
Forma do cristianismo que define a Igrexa Católica romana. É a relixión dos seguidores de Cristo que están en plena comuñón co bispo de Roma (o Papa ou Sumo Pontífice), cabeza do colexio episcopal, sucesor do colexio apostólico. Preséntase como o sistema doutrinal propio da Igrexa Católica, baseada na Biblia, na Tradición e no Maxisterio. Amósase ademais como un pensamento e unha visión das realidades humanas segundo esta mesma doutrina. Os trazos fundamentais que distinguen o catolicismo das outras confesións cristiás son, á parte da autoridade suprema do Papa, a observancia dos sete sacramentos, o sacerdocio xerárquico e a devoción aos santos, especialmente á Virxe María. O catolicismo non é un concepto completamente idéntico ao de Igrexa Católica: o conxunto de ideas e valores constitutivo do catolicismo considérase como unha síntese realizada no entendemento humano en cada momento determinado e, polo tanto, no interior dun proceso histórico. Por iso, presenta unhas características peculiares e moi diversas segundo a época histórica (Contrarreforma, Modernismo, Concilio Vaticano II, etc).
-
s
m
[RELIX]
Calidade de católico.
Sinónimos: catolicidade. -
s
m
[RELIX]
Conxunto dos que practican a relixión católica.
Ex: As recomendacións estaban dirixidas a todo o catolicismo.
Sinónimos: catolicidade. -
catolicismo liberal
[RELIX]
Movementos do catolicismo no s XIX que intentaban conciliar a Igrexa Católica coas ideas e as institucións do liberalismo. Os Papas Gregorio XVI e Pío IX rexeitaron as posicións máis extremas deste tipo de catolicismo, como por exemplo as de Lamennais en Francia, que querían converter a Igrexa na inspiradora dos movementos de liberación, mesmo revolucionarios.
-
catolicismo social
[RELIX]
Movemento social católico.