catolicidade

catolicidade

(

  1. s f [RELIX]

    Universalidade da Igrexa Católica, que constitúe unha das catro notas coas que, xa nas manifestacións de fe máis primitivas, se autodefinía a Igrexa.

    Ex: A catolicidade da Igrexa de Roma oponse ó localismo das outras Igrexas.

  2. s f [RELIX]

    Calidade de católico.

    Ex: A súa catolicidade é moi dubidosa.

    Sinónimos: catolicismo.
  3. s f [RELIX]

    Identificación cos principios da doutrina católica.

    Ex: Sempre demostra nos seus actos a súa catolicidade.

  4. s f [RELIX]

    Conxunto dos que practican a relixión católica.

    Ex: Houbo unha boa resposta da catolicidade ás recomendacións do bispo.

    Sinónimos: catolicismo.

Palabras veciñas

Catoira | Catoira | Catoira, Manuel | catolicidade | catolicismo | católico -ca | Católico, El