catorce

catorce

(< lat quattuordĕcim)

  1. cuant

    Número equivalente a dez máis catro.

    Ex: Seu fillo ten catorce anos. Comprou catorce bolsas de lambetadas.

  2. adx

    Que ocupa o lugar número catorce nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo cuarto.

    Ex: Luís XIV (catorce) asinou a Paz dos Pireneos en 1659. Na relación definitiva das oposicións ocupa o posto catorce. Foi catorce no maratón.

  3. s m

    Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 14 e na romana por XIV.

    Ex: Conseguín o bingo porque tiña o catorce.

  4. s m

    Cousa designada co número catorce.

    Ex: O catorce xa te leva ó lugar exacto.

  5. s f pl

    Décimo cuarta hora despois das doce da noite, isto é, as dúas do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.

    Ex: O avión aterrou ás catorce trinta da tarde.