Catorce de abril, O
Catorce de abril, O
Data da proclamación da Segunda República española, despois do éxito republicano das eleccións municipais do 12 de abril de 1931. En Madrid a xornada foi intensa en negociacións diplomáticas, que remataron coa marcha do rei. Tiñan como obxectivo evitar actitudes de resistencia e conseguir un cambio de poderes sen violencia. O comité republicano converteuse en goberno provisional e estivo presidido por Niceto Alcalá Zamora. Nas principais vilas galegas, o pobo manifestouse portando a bandeira republicana e tomando os concellos.