causal
(< causa)
-
adx
Relativo ou pertencente á causa ou á causalidade.
Ex: Non podes buscar sempre unha relación causal no seu comportamento.
-
[LING]
-
conxunción causal
Conxunción que introduce a cláusula que indica o motivo ou a causa dun determinado efecto e, polo tanto, expresa relacións de causa entre dúas ou máis cláusulas. En galego son conxuncións causais porque, pois, como e que, pero tamén se distinguen locucións causais (ou conxuncións causais complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, como queira que, dado que, pois que, por causa de que, por cousa de que, por culpa de que, por mor de que, posto que, visto que e xa que.
Ex: Foi visitar seu pai porque estaba enfermo. Perdeu o avión posto que chegou despois da hora de saída.
-
adx
Que expresa unha circunstancia de causa.
-
cláusula causal
Cláusula introducida por unha conxunción causal que expresa unha circunstancia de causa respecto á outra clásula. Por exemplo, en Traballaron moitas horas xa que querían rematar o proxecto antes do mes seguinte, a cláusula iniciada polo nexo xa que introduce a causa do efecto expresado por Traballaron moitas horas.
-
conxunción causal