causalidade
(< causal)
-
s
f
Relación que hai entre unha causa e o seu efecto.
-
s
f
[FILOS]
Influxo da causa no efecto e na relación que resulta. Normalmente fai referencia á causa eficiente en contraposición á finalidade. A regularidade da relación causa-efecto ten a súa formulación no principio de causalidade (todo fenómeno ten unha causa) e na lei de causalidade (nas mesmas circunstancias, as mesmas causas producen os mesmos efectos).
-
s
f
[DER]
Relación de causa-efecto que hai entre o acto humano (de acción ou de omisión) e o resultado dun feito delitivo no que existe unha responsabilidade.
-
principio de causalidade
[FÍS]
Principio segundo o que o coñecemento das condicións iniciais dun sistema físico nun momento t 0 e da dinámica que o controla (forzas e ecuación do movemento) determinan completamente os valores das variables dinámicas en todo tempo t posterior a t 0 . No marco da dinámica clásica, este determinismo maniféstase polo feito de que a ecuación diferencial do movemento ten unha única solución, unha vez especificadas as condicións iniciais. A aparición da relatividade e da mecánica cuántica modificaron esta concepción; así, a causalidade estrita (coñecemento completo do estado final unha vez coñecido o estado inicial) substitúese por unha causalidade probabilista (coñecemento probabilista do estado final).