cautela

cautela

(

  1. s f
    1. Actitude prudente ante un perigo probable.

      Ex: Se vas facer unha viaxe tan longa, ten moita cautela conducindo.

      Sinónimos: caución, precaución, prudencia.
    2. Precaución tomada para pasar desapercibido ou coidado que se pon ao levar a cabo algunha cousa.

      Ex: Saíu da casa con tanta cautela que non nos decatamos.

  2. s f

    Documento que antigamente acreditaba a recepción dunha cousa.

  3. cautela sociniana [DER]

    Condición que impón un testador nun legado a un lexitimario. Deste xeito, este último, se reclama contra o testamento, ten que conformarse só coa lexítima estrita e perder o exceso da liberalidade outorgada. A idea deste procedemento atribuíuselle ao xurista do s XVI Mariano Socino o Novo, do que tomou o seu nome.

Refráns

  • Tapa a túa casa, cando o cerralleiro pasa.
  • ¡Deus poña tento nas túas mans!

Palabras veciñas

caustificación | caustificar | caustra | cautela | cautelar | cauteloso -sa | cauterio